WOS Festival x SON Estrella Galicia revela o cartel completo da súa sexta edición

Revelamos o cartel completo do WOS Festival 2022, que terá lugar en diferentes localizacións de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela. A programación final inclúe cinema, paneis orientados a pensamento e discurso e tamén engade 14 novos concertos e DJ sets aos  anunciados con anterioridade.

Tras o seu espectacular concerto na Igrexa da Universidade na edición de 2019, o estadounidense Rafael Anton Irisarri; e outra coñecida do festival, a artista visual de Hong Kong Florence To, escollen o marco do evento para presentar en primicia ATAARPHONOAK, unha visceral peza audiovisual cuxo concepto vira ao redor da manifestación de partículas solares entrando na atmosfera terrestre.

O broche final do festival, co concerto de clausura, póñeno a neerlandesa-italiana Grand River, e o artista visual italiano Marco Ciceri, presentando por primeira vez en España o seu novo concerto audiovisual, FOG.

Para o público máis inquieto, a programación de noite e orientada ao club trae consigo incorporacións moi especiais: A produtora e artista inglesa aya presenta, con visuais de Sweatmother, quen non estará presente no evento, unha obra visual que establece relatos de comunidades, voces e corpos non recoñecidos; o canadiano radicado en Berlín Aquarian presentando Ouroboros, unha peza que conta co acompañamento das imaxes da artista visual chinesa Sougwen Chung, quen tampouco estará presencialmente no evento; Azu Tiwaline presentando en directo a súa música mestura de música bereber, cultura club, trance e techno; e a neerlandesa mad miran, quen pechará o club na noite de venres cun dos seus intensos sets de techno e breakbeats.

Completan esta segunda onda de anuncios os directos da estadounidense Rachika Nayar presentando o seu novo álbum Heaven Come Crashing, que se publica este 26 de agosto da man do selo NNA Tapes; a norueguesa-mexicana Carmen Villain, presentando en formato dúo o seu novo álbum Only Love From Now On (Smalltown Supersound, 2022); o produtor e recoñecido músico inglés Coby Sey presentando en primicia o seu primeiro disco en solitario Conduit, que publica co selo londiniense AD93 o día antes da súa actuación no festival; a estadounidense Ulla Straus, que nos últimos anos converteuse en parte esencial do ambient; e os galegos Artur M. Puga, en primicia co seu primeiro álbum acompañado do artista visual Shoeg, Death Whistle, presentando o seu novo álbum Alter (Hedonic Reversal, 2022), e crnds, integrador de elementos propios da música tradicional e o folclore coa linguaxe da música electrónica experimental contemporánea.

Nesta ocasión, no programa de cinema poderán verse as películas A Symphony of Noise. Matthew Herbert’s Revolution (Enrique Sánchez Lansch, 2021), a estrea de Éliane Radigue – Échos (Eléonore Huisse e François J. Bonnet, 2021) e O gemer (Xabier Erkizia, 2021), esta última con presentación e posterior coloquio co director, que ademais dará unha conferencia baixo o título O xemir dun carro que se celebrará na Sede Afundación horas antes e de maneira aberta ao público.

O programa de conferencias segue sendo un dos eixos vertebradores do festival. Nesta ocasión, contará cun diálogo entre a dj e produtora galega afincada en Berlín Cora Novoa e o artista neoiorquino Rafael Anton Irisarri, onde este último compartirá o proceso e ética creativa que lle acompañaron ao longo das súas máis de 15 anos de carreira na música ambient e experimental. Ademais, tamén se tratarán cuestións políticas e morais derivadas da creación artística no mundo dixital.

Na mesa redonda “Tras o gran reinicio: A industria creativa fronte unha inminente recesión planetaria e subordinación dixital”, moderada por Frankie Pizá, participarán Alex Nikolov, Andrea Lamount, Karne Kulture, Patricia M. Val, Mounqup e Yugen Kala, reflexionarase sobre os cambios sociais e o volver empezar provocados pola pandemia, a emerxencia ambiental, a transformación dixital e como todo iso afecta á nova articulación do mundo cultural.

O proxecto conta co patrocinio principal de SON Estrella Galicia e co apoio institucional do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación provincial da Coruña e a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22 e AGADIC.

XOVES 8
Holy Other & Pedro Maia [live A/V]

VENRES 9
Tras o gran reinicio: A industria creativa fronte unha inminente recesión planetaria e subordinación dixital [discussion panel] Pan·American [live] Rafael Anton Irisarri & Florence To present ‘ATAARPHONOAK’
Artur M. Puga & Shoeg [live A/V] Zbiegnew Chojnacki [live] Rachika Nayar [live] Death Whistle [live A/V] aya feat. Sweatmother [live A/V] Azu Tiwaline [live] mad miran [dj set]

SÁBADO 10
O xemir dun carro [conference] Rafael Anton Irisarri [artist talk] Éliane Radigue – Échos [cinema] O Gemer [cinema] Alicia Carrera [dj set] crnds [live] Yugen Kala [dj set] Ulla Straus [live] Caterina Barbieri [live A/V] Aho Ssan & KMRU [live A/V] Carmen Villain [live] Coby Sey [live] Huerco S. [live] Prison Religion [live] Blackhaine [live] Aquarian presents ‘Ouroboros’ (visuals by Sougwen) [live A/V] Upsammy [dj set]

DOMINGO 11
A Symphony of Noise. Matthew Herbert’s Revolution [cinema] Sofie Birch feat. Nana Pi [live] Grand River & Marco Ciceri present ‘FOG’ [live A/V]