Suspéndese o evento de Kali Malone, Stephen O’Malley e Lucy Railton en Santiago de Compostela

Kali Malone e Stephen O’Malley ían viaxar hoxe dende Zúrich a Santiago de Compostela. Con todo, un temporal de neve impedíu que o voo que tiñan programado despegase, e non chegarán a tempo ao concerto de hoxe.

Polo tanto, vémonos na obriga de suspender o evento desta noite. A intención das artistas segue tocando en Santiago de Compostela e a nosa que o evento teña lugar. Dende xa, estamos a facer todo o posible para que Kali Malone, Lucy Railton e Stephen O’Malley presenten ‘Does Spring Hide Its Joy’ no marco das X21 Series.

Actualmente estamos traballando xunto cos nosos patrocinadores, Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22, para que o concerto poida chegar a celebrarse noutra data. Manterémosvos informados. Rogamos paciencia, e sentimos os inconvenientes causados.

Moitísimas grazas.