Información

WOS Festival é un evento indoor de carácter anual que se celebra no mes de setembro en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela, España. O festival presenta un amplo programa multidisciplinar cun enfoque en música electrónica e avant-garde, artes visuais, cinema, instalacións, obradoiros e conferencias. A experiencia do festival constitúe unha verdadeira ruta artística, turística e arquitectónica por unha cidade cun casco antigo declarado Patrimonio da Humanidade.

O evento defende unha visión ampla da cultura alternativa que permite abordala desde múltiples perspectivas, albergando na súa programación innovadoras propostas en torno ao risco e a exploración onde teñen protagonismo destacados artistas internacionais en contextos únicos, creando así unha atmosfera irrepetible en cada actividade. WOS Festival é un proxecto da axencia creativa especializada en xestión cultural WORK ON SUNDAY e nace en 2016 co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional.

Intercambio de tickets por pulseiras

O intercambio de tickets por pulseiras será realizado nas oficinas da Sede de Afundación. O horario de intercambio é, segundo o día:

Xoves: 17:00 a 21:00.
Venres: 16:00 a 22:00.
Sábado: 12:00 a 23:00.
Domingo: 17:00 h a 20:00

Ademais, abriremos despachos de billetes nos diferentes espazos para que non vos perdades:

Venres na SGAE ás 21:30
Venres na Sala Malatesta ás 00:30
Sábado na Sala Capitol ás 22:30

FAQ

O Festival celébrase do 8 ao 11 de setembro deste 2022 en diferentes espazos da cidade de Santiago de Compostela
Dende un gran número de cidades europeas, pódese acceder á cidade de Santiago de Compostela en avión. Ademáis, na zona existen os aeroportos de Vigo e A Coruña, que teñen unha sinxela conexión ferroviaria con Santiago de Compostela con trens cada hora. Ademais, existe trens de alta velocidade (AVE) con conexión entre Madrid e Santiago de Compostela.
Na meirande parte dos recintos nos que se desenvolverá o festival, si. En caso de requerir máis información de accesibilidade, contacta con accesibilidad@workonsunday.es

 

As incorporacións ao cartel e outras novas do festival anúncianse neste sitio web. Se desexa entrar entre os primeiros en enterarse das novas do festival e as actualizacións do programa, siga as nosas contas de Instagram, Twitter e Facebook.
WOS Festival colabora coa USC nun programa de voluntariado no que non é necesario ser estudante da universidade. Podes atopar toda a información relacionada neste enlace.
WOS Festival ofrece o abono Long Weekend (4 días) e o abono Weekend (3 días), así como entradas de día. Dentro dos tramos horarios correspondentes, as entradas e abonos dan acceso a todas as actividades musicais do festival (aínda que que hai que ter en conta que os espazos teñen un aforo limitado).  As entradas á programación de cinema e encontros e charlas teñen unha entrada aparte. Poden existir eventos que requiran a compra dunha entrada adicional.
Os abonos de 4 días para WOS Festival (Long Weekend) 2022 xa están dispoñibles por 60 euros (máis gastos de xestión). Os abonos de tres días xa están dispoñibles por 50 euros (máis gastos de xestión). As entradas por días sairán á venda proximamente. Os puntos oficiais de venda do festival son Resident Advisor y Ataquilla. As entradas para o programa de cine estarán á venda a través de Numax.
Non, por respecto aos artistas, poñentes e ao resto do público, a entrada aos eventos unha vez comecen non está permitida. Rógase puntualidade.
Non. Non está permitido fumar dentro dos recintos exteriores nin dentro dos espazos dos eventos do festival. Para fumar terás que saír do recinto e teremos habilitados cinceiros dos que poderás facer uso.
Nas actividades realizadas en exteriores, sempre e cando estea permitido, poderase acceder ao recinto de concertos con comida e bebida tendo sempre en conta as seguintes indicacións:

En relación á bebida só se poderá entrar con auga e sempre que sexa nunha botella de plástico brando e precintado, e de capacidade non superior a 0,5 L. A tapa retirarase ao acceder ao recinto e depositarase nas papeleiras habilitadas a tal efecto. Non está permitido introducir no recinto botellas de aceiro, vidro ou plástico ríxido. En caso de acceder ao recinto con botellas desta tipoloxía esta será requisada polo persoal de seguridade e poderá recuperarse ao abandonar o recinto.

En relación á comida, só se permite acceder con comida para consumo individual. Agradecemos o emprego de envases de plástico brando reutilizable ou no seu defecto telas, papel, papel de aluminio, plástico film ou similares. Non se permitirá o acceso de comida en envases distintos aos indicados. En caso de acceder ao recinto con envases non permitidos,estes serán requisados polo persoal de seguridade e poderán recuperarse ao abandonar o recinto.Para as embalaxes de aluminio, plástico film ou outros similares dispoñerase no recinto de papeleiras para a recollida selectiva. Se tes dúbidas de como desfacerte destes residuos pregunta ao persoal do festival.

Podes solicitar a túa entrada como xornalista acreditado para a edición 2022 do festival a través de festival@workonsunday.es . A solicitude deberá realizarse antes do 31 de agosto de 2022.