FAQs

Onde e cando se celebra a edición deste 2021? + -

O Festival celébrase do 10 ao 12 de setembro deste 2021, na cidade de Santiago de Compostela, e en diferentes recintos e zonas da cidade. Para esta edición, as sedes serán o Teatro Principal, a Igrexa da Universidade, Numax, a Cidade da Cultural (Auditorio CINC, Xardín Literario e Túnel) e o Parque de Bonaval. Ademais, farase un paseo bioacústicos no que se sairá dende o Museo de Historia Natural da USC.

Que partes do festival serán de pago e cales de balde? + -

Os concertos da sección Music do festival requiren o pago do seu abono mediante a plataforma Ataquilla. Ao mesmo tempo, a sección de Cinema require o pago da entrada para estas películas mediante a plataforma de Numax, lugar onde serán proxectadas. As charlas do 3.0 Zoom in e o Paseo Bioacústico requiren invitación. Os Dj sets de Fatfish (Xardín Literario da Cidade da Cultura) e de Arnau Sabaté, Bflecha e Toccororo (Parque de Bonaval) son de entrada libre ata rematar aforo.

Cales son os horarios do festival? + -

As horas de inicio e remate do festival para cada día son:

 

Venres: de 16:00 a 23:45
Sábado de 11:30 a 23:45
Domingo de 11:30 a 23:45

 

Podes atopar a hora de cada evento do festival nos nosos horarios.

Podo entrar nalgún evento despois do seu comezo? + -

Non. Por respecto aos artistas, ponentes e ao resto do público, a entrada aos eventos unha vez comezaran está terminantemente prohibida. Rógase puntualidade.

Onde intercambio o meu ticket pola miña pulseira? + -

Para acceder ao programa que require pulseira, debes trocar o teu abono por ela nos despachos de billetes habilitadas para elo. Os horarios do despacho de billetes son os seguintes:

 

Venres:

De 17:30 a 20:00 na Cidade da Cultura – Xardín Literario

De 20:00 a 22:45 no Teatro Principal.

 

Sábado:

De 17:30 a 22:45 no Teatro Principal

 

Domingo:

De 16:30 a 20:00 no Teatro Principal

As áreas do festival contan con sistemas de accesibilidade? + -

Exceptuando a Igrexa da Universidade e o Parque de Bonaval, si. No caso de ter que requerir máis información de accesibilidade, contacta con accesibilidade@workonsunday.es

Cal é o protocolo COVID-19 a seguir? + -

Os eventos no recinto seguirán os seguintes protocolos, sempre de acordo coa normativa vixente:  

 

  • Desinfección diaria de todos os espazos.
  • Na entrada de todos os espazos haberá dispensadores de xel hidroalcohólico.
  • O aforo e a disposición de asentos cumprirán as distancias de seguridade requiridas.
  • Deberase ocupar o asento asignado, segundo dispoñibilidade, polo persoal de acomodación e non se permitirá a rotación de asentos durante os eventos.
  • Os asentos contiguos están destinados a persoas conviventes. A adquisición daqueles supón o recoñecemento expreso desta condición por parte dos/as asistentes.
  • O acceso e desaloxo dos espazos farase de maneira graduada e baixo control do persoal de acomodación para garantir a distancia de seguridade.
  • En todos os espazos onde sexa necesario habilitaranse diferentes accesos e saídas para non producir aglomeracións de persoas.

 Medidas individuais:  

 

  • En todos os espazos hai que manter a distancia de seguridade marcada vixente segundo a normativa Covid-19.
  • O uso de máscara é obrigatorio en espazos pechados e en espazos públicos.
  • O acceso e o desaloxo dos espazos farase de maneira graduada. Haberá que seguir sempre as sinalizacións e indicacións do persoal de acomodación.
  • A apertura de portas é media hora antes do espectáculo, recoméndase a chegada ao recinto coa máxima antelación posible para facilitar unha entrada graduada.
  • Os posuidores de entradas dobres, triplas,…. deberán acceder xuntos ao recinto para poder ser acomodados conxuntamente.
  • Cancela a túa visita se pensas que podes ter síntomas do Covid-19 ou estiveches en contacto con alguén diagnosticado do virus.
Pódese acceder con comida e bebida ao recinto? + -

Nas actividades que se van a realizar en exteriores, a condición de que estea permitido, poderase acceder ao recinto de concertos con comida e bebida tendo sempre en conta as seguintes indicacións.   

 

En relación á bebida só se poderá entrar con auga e sempre que sexa nunha botella de plástico brando e precintado, e de capacidade non superior a 0,5 L. A tapa retirarase ao acceder ao recinto e depositarase nas papeleiras habilitadas para ese efecto.

 

Non está permitido introducir no recinto botellas ou botellas reutilizables de aceiro, vidro ou plástico ríxido. En caso de acceder ao recinto con botellas desta tipoloxía a botella será requisada polo persoal de seguridade e poderá recuperarse ao abandonar o recinto.  

 

En relación á comida, só se permite acceder con comida para consumo individual. Agradecemos o emprego de envases de plástico brando reutilizable ou na súa falta teas, papel, papel de aluminio, plástico filme ou similares. Non se permitirá o acceso de comida en envases distintos aos indicados. En caso de acceder ao recinto con envases non permitidos, estes serán requisados polo persoal de seguridade e poderán recuperarse ao abandonar o recinto.  

 

Para as embalaxes de aluminio, plástico filme ou outros similares dispoñerase no recinto de papeleiras para a recollida selectiva. Se tes dúbidas de como desfacerte destes residuos pregunta ao persoal do festival.

Pódese fumar dentro dun recinto exterior? + -

Non. Non está permitido fumar dentro dos recintos exteriores de concertos. Para fumar terás que saír do recinto e teremos habilitados cinceiros dos que poderás facer uso. 

Scroll up