Auditorio Abanca

Este espazo, inaugurado en 2011, respecta a fisonomía do remodelado Pazo de Ramirás no que está acollido. En pleno casco histórico de Santiago de Compostela, é un lugar no que se acollen todo tipo de eventos culturais, sexan teatro, ópera, cine, música ou danza.

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo)

Nun lugar idílico da cidade, integrado xunto ao Parque de Bonaval e outros lugares máxicos de Compostela, o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) foi inaugurado no ano 1993 nos límites da zona monumental para establecer unha canle entre Compostela e o mundo a través das artes plásticas do noso tempo.

Sede Afundación

O edificio nomeado Casa Grande do Pozo forma parte do Patrimonio de Interese Cultural de Compostela. Propiedade do cabildo entre os séculos XV e XIX, actualmente é un contenedor cultural no que os elementos con valor histórico e etnográfico con protagonistas.

Fundación Eugenio Granell

A terraza da Fundación Eugenio Granell é un lugar privilexiado no Pazo de Bendaña, no corazón da zona histórica de Compostela. Construído no século XVIII e presidindo a Praza do Toural, é unha das xoias arquitectónicas de Santiago, ademais de exhibir unha colección artística envexable.

Igrexa da Universidade

Tradición e modernidade conflúen na Igrexa da Universidade (antigamente Igrexa da Compañía), unha pequena capela barroca de orixe xesuíta de máis de catro séculos de antigüidade que WOS orienta cara ás propostas artísticas máis comprometidas coa necesidade de xerar novos formatos e vías de expresión.

Igrexa de San Domingos de Bonava

Construida no século XIV, trátase dunha igrexa gótica con reminiscencias románicas que consta de tres naves separadas por arcos de medio punto, cunha preciosa capela maior con altas fiestras e bóveda de oxiva. Na actualidade, utilizase como lugar de exposición e concertos.

Numax

Numax é un cine, unha librería e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual, unha cooperativa e a manifestación perfecta dun novo estilo de xestión cultural. Como sala de cinema independente, o seu programa trae a Compostela unha selección cuidada ao longo do ano.

Parque de Bonaval

Antiga finca e cemiterio do convento dominico de Santiago de Compostela, reconvertidos e rehabilitados como parque urbano, as súas hortas e carballeiras sitúanse á sombra de dous dos museos máis importantes de Santiago de Compstela: o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo do Pobo Galego.

Sala Capitol

Desde que abriu as súas portas en 2003, a Sala Capitol é a sala de maior prestixio de Galicia e unha das máis valoradas a nivel estatal. Case 1000 persoas poden gozar dunha produción musical excelente neste antigo cinema reconvertido nun espazo excepcional.

Sala Malatesta

A Sala Malatesta nace para dar continuidade a un espazo compostelán que se mantivo durante dúas décadas como un referente obrigado na vida cultural da cidade: a Sala Nasa. A súa programación regular ao longo de todo o ano ten como obxectivo dinamizar a cidade.

Fundación SGAE

O edificio que alberga a sede da Fundación SGAE en Compostela comezou a súa construción en 2006. A súa arquitectura inspírase nas construcións megalíticas, expresando un diálogo coa tradición e a historia desde unha linguaxe contemporánea. Cara á rúa, o edificio mostra unha longa fachada convexa de vidro impreso.

Teatro Principal

Este espazo escénico de estilo italiano é o máis estimado da programación cultural da capital galega. Sito na Rúa Nova, onde conflúen as rutas históricas, turísticas, culturais e gastronómicas da cidade, o Teatro Principal acolle tódolos grandes ciclos e actividades culturais de Compostela.

Mapa