Zbigniew Chojnacki

PL

Acordeonista, a música e os sons de Zbigniew Chojnacki son pura innovación e vangarda desde a improvisación. Calquera forma que emita un son serve de inspiración para este músico, que busca nos elementos a maioría das veces non relacionados directamente coa música. Como el mesmo di, “unha vella lavadora, unha febra de herba, o son do motor dun autobús ou incluso unha cadeira en medio dunha escena, pode ser inspirador”. Cada concerto seu é completamente diferente. O único elemento constante é o instrumento.

Actuou en festivais como A L’Arme Festival de Berlín, Sharpe Festival de Bratislava, LEM Festival de Barcelona, Ring Ring Festival Belgrade, PIF Festival Castelfidardo ou o Oct Loft Jazz Festival de Shenzhen. A pesar da súa curta idade xa traballou con moitos músicos distinguidos da escena musical improvisada, entre outros Joelle Leandre, TOC, Marcin Albert Steczkowski, Anna Gadt, Krzysztof Gradziuk, David Kollar, Ramon Prats, Yuhan Su ou John Derek Bishop.

Outros artistas