Yugen Kala

(ES)

Dj
Dj

Detrás do nome de Yugen Kala están Nico e Héctor Iglesias, dous mozos de Vigo que comezaron gateando polo estudo de gravación do seu pai, enxeñeiro de son, produtor musical e propietario dunha sala de concertos da cidade galega. Tendo medrado entre mesas de mesturas, sintetizadores e demais parafernalia analóxica axiña descubriron a súa enorme paixón pola música. Desde hai pouco, as súas inquedanzas non se centran só na creación propia, e convertéronse nos promotores do ciclo de arte vangardista Flux, de Vigo.

Habituais como ávidos oíntes e espectadores de festivais como Sónar, MIRA, WOS, Semibreve ou Sinsal, foron capaces de crear un son propio e pouco convencional. En Nothing Is Original, o seu primeiro LP, publicado en 2020, conflúen a electrónica máis cerebral cos sons máis vangardistas da pista de baile.

Outros artistas