upsammy

[dj]

NL

Thesssa Torsing, máis coñecida como upsammy, é unha artista visual, produtora e DJ residente en Amsterdam. É presentadora do programa bimensual Pacing the Platform na plataforma global de radio NTS. Como artista musical publicou varios álbums, sendo o último o seu EP Placeness Produced, publicado este mesmo ano.

Na súa faceta de DJ, se ben o seu traballo foi referenciado por grandes compañeiras de profesión como Avalon Emerson, Peach ou Object, upsammy viu na súa residencia en De School de Ámsterdam o lugar onde definiu e desenvolveu o seu único estilo para crear sesións, nas que se poden observar influencias do ambient, a electrónica, a psicodelia, o drum & bass ou o IDM.

Outros artistas