Ulla Straus

US

A estadounidense Ulla Straus converteuse en parte esencial da vangarda do ambient grazas ás súas composicións arredor da electroacústica e o jazz experimental. En tan só cinco anos colaborou con artistas como Ponticic Screator, Oceanic ou Perila, publicando en discográficas como Quiet time, Experiences Ltd, West Mineral ou Motion Ward.

O seu último e novo EP, Hope Sonata, foi editado con Longform. Nel, mostrando esa característica experiencia que crea o selo cos seus artistas, Ulla afástase da súa zona de confort na procura de novos camiños, creando unha íntima e preciosa experiencia de asolamento con fermosas pezas a guitarra e saxofón.

Outros artistas