Tras o gran reinicio

90 min

TRAS O GRAN REINICIO: A industria creativa ante unha inminente recesión planetaria e subordinación dixital. Tras o “gran reinicio” provocado pola pandemia e o implícito shock colectivo, a sociedade tal e como a coñecemos achégase a unha recesión: valores degradados e ultra-mutables, extrema polarización, crise ideolóxica e de recursos, desfases xeracionais, a integración masiva da intelixencia artificial no ámbito creativo e un problema compartido que tras 50 anos de invisibilidade toca á nosa porta. O cambio climático e a escaseza de recursos son unha realidade que choca rotundamente sobre o enfoque neoliberal e capitalista sobre o que construímos a diario: namentres que o sistema económico entende que seguiremos crecendo indefinidamente, o estado do noso planeta di o contrario.

Neste coloquio, artistas e profesionais da industria cultural, musical e tecnolóxica debaterán abertamente sobre un futuro cheo de dicotomías e incerteza nun escenario que se achega ao distópico. Cuestións éticas e morais que deben afrontar as propostas de club, a imposibilidade de escapar ao pasado (a lenta cancelación do futuro en termos de creatividade), as novas formas de responsabilidade social, cultural e ecolóxica que debe abordar calquera artista e ata os posibles rumbos que pronto compartiremos coa expansión da intelixencia artificial e o paradigma do metaverso.

Participantes:
Alex Nikolov
Andrea Lamount
Karne Kulture
Patricia M. Val
Mounqup
Yugen Kala

Moderador:
Frankie Pizá

Outros artistas