Rafael Anton Irisarri & Florence To present ATAARPHONOAK

US/UK-HK

Tralo seu fantástico concerto na Igrexa da Universidade no WOS Festival 2019, o compositor, produtor e músico Rafael Anton Irisarri volve ao festival. En directo xunto ao estadounidense está outra coñecida do festival: a artista de Hong Kong nacida en Escocia Florence To, especialista en sons multisensoriais e instalacións de luz, así como de gráficos en movemento xerativos e en como estes elementos se relacionan coas nosas emocións.

Irisarri e To presentan por primeira vez Aartaphonoak, unha visceral nova peza audiovisual cuxo concepto xira arredor da manifestación das partículas solares entrando na atmosfera da Terra, revelando a oscilación interna da súa órbita.

Rafael Anton Irisarri Website Instagram
Florence To Website Instagram

Outros artistas