En conversa con Rafael Anton Irisarri

50 min

Un diálogo xunto a Cora Novoa onde o artista neoiorquino Rafael Anton Irisarri compartirá o proceso e a ética creativa ao longo dos seus máis de 15 anos de carreira na música ambient e experimental, enfocando ademais sobre a chegada do seu último álbum Sacret Hatred e a nova edición en vinilo para Room40 da obra Agitas al Sol. Tradición, técnica e culto ao ambient nunha discografía sen igual que foi mudando na súa labor de representar os elementos e o terreal. A conversación ademais internarase en cuestións políticas e morais ante a imposibilidade de calquera artista de fuxir dun desesperante presente; a misión, desafíos e retos tanto éticos como creativos da música no tempo actual, onde as expresións artísticas semellan perderse nas inmediacións do magma dixital.

Participantes:
Rafael Anton Irisarri
Cora Novoa (moderadora)

Outros artistas