Rachika Nayar

US

Residente en Nova York, a compositora e produtora Rachika Nayar destaca polas fusións que fai entre elementos electrónicos e guitarras. A súa música está influenciada polos estilos musicais máis vangardistas como o ambient, electrónica ou a música neoclásica, pero tamén por estilos máis populares como o post rock ou o midwest emo.

O seu debut, Our Hands Against the Dusk (NNA Tapes, 2021), composto ao longo de catro anos, é unha mostra de como a artista conseguiu converter os seus loops de guitarra en mutacións dixitais para crear un ambient tranquilo e visionario de maneira persoal, onde as súas emocións bailan cunha liberdade abraiante. O seu próximo álbum, Heaven Come Crashing, sairá o vindeiro 26 de agosto da man da mesma discográfica.

Outros artistas