Pan•American

(US)

Live
Live

Cando se pensa en ambient, adóitase asociar o xénero con enormes e complexas paisaxes sonoras creadas con elementos electrónicos. Porén, proxectos como Pan•American fan que debamos meditar unha segunda vez sobre que elementos son os que dan forma ao xénero porque, ca guitarra como elemento condutor, Mark Nelson é capaz de crear algunhas das melodías máis instintivas do xénero.

Mark Nelson leva case 30 anos creando música, de maneira individual e grupal, sendo fundador do influente grupo de post-punk Labradford e Anjou, formado co seu antigo compañeiro de grupo Robert Donne e Steven Hess, quen tamén colabora habitualmente en Pan•American. Todos estes proxectos, ademais, están estreitamente relacionados coa discográfica de Chicago Kranky, cuxa primeira publicación foi o álbum debut de Labradford, Prazision (1993), e mantendo esta relación durante case 30 anos mediante as publicacións de todos estes proxectos xunto a esta discográfica. Incluíndo o novo álbum de Pan•American, o intimísimo The Patience Fader, lanzado este mesmo ano, que concreta aínda máis ese minimalismo romántico característico do proxecto de Nelson.

Outros artistas