3.0 Zoom in: Metaversos 3.0

Na medida na que vaiamos introducíndonos nos diferentes metaversos e universos dixitais… deixaremos de querer cambiar o mundo real? As novas tecnoloxías que constrúen as próximas revolucións artísticas e culturais atentan directamente sobre a sostibilidade do noso planeta e o consumo de enerxía, xerando dúbidas e problemáticas. Os cambios de pensamento que promoven prométennos un futuro líquido e fluído onde a identidade, o xénero e a ideoloxía xa non terán apenas sentido.

Nesta charla aberta trataremos de afondar xunto á investigadora Gema FB Martin, o colectivo Ontologías Feministas e o artista multimedia Xeito Fole nas complicacións, tanto éticas como sociais e medioambientais, e novas utopías que albergarán a web 3.00 e as realidades sintéticas.

Participan: Gema FB Martin, Xeito Fole e Ontologías Feministas
Moderan: Cora Novoa y Frankie Pizá

Scroll up