Lubomyr Melnyk

Lubomyr Melnyk é un compositor e pianista ucraíno. É coñecido polos seus aportes á música continua, unha técnica de piano baseada en tocar extremadamente rápido, normalmente sostendo o pedal para crear eco e reverberación. Así conséguense transformar as notas musicais en fervenzas de son hipnóticas.

Melnyk descubriu este xeito de tocar en París durante os anos 70, cando daba clases de danza para unha compañía dirixida pola coreógrafa experimental Carolyn Carlson. Aí comezou tocar unha música máis espontánea rachando coas convencións clásicas do piano.

Entre as súas influencias destaca o compositor estadounidense Terry Riley, pero tamén se poden ver claramente os pioneiros minimalistas, como Steve Reich e Philip Glass, ou incluso música india. Para Melnyk, tocar o piano é algo case espiritual: “Os meus dedos semellan os ventos do mundo, como se estivera fisicamente transcendendo dimensións”, explica.

Scroll up