Huerco S.

(US)

Live
Live

Brian Leeds é un artista que, de maneira continua, loita contra o establecido, rompendo muros musicais e levando as súas ideas sonoras máis alá. A súa música está chea de detalles, moitos deles pequenos, fragmentados, que se cadra nunha primeira escoita á súa obra non podamos apreciar, pero están. E unha vez os encontramos, pasan a formar parte do noso subconsciente.

O pasado febreiro deste ano publicou, e presentará no WOS Festival 2022 por primeira vez en España, Plonk (Incienso). Trátase do primeiro álbum publicado baixo o pseudónimo Huerco S. en seis anos tras For Those of You Who Have Never (And Also Those Who Have) (Proibito, 2016), escollido por Pitchfork como un dos 50 mellores álbums de ambient da historia. Lonxe de relaxarse, Leeds continúa coa súa abstracción cara sons diferentes e descoñecidos, dando unha lección de que é e que debería ser o ambient moderno cunha demostración de entendemento sen igual da composición e a construción de sons do xénero.

Outros artistas