Holy Other & Pedro Maia

UK/PT

Holy Other converteuse en referencia do witch house como parte de Tri Angle Records, destacando o seu místico e cuasilexendario álbum Held. O selo chegou á súa fin e nós quedamos polo camiño sen esa inmersión sonora de tons escuros que caracterizaba a música do artista. Tras nove anos de total ausencia o artista inglés volvería con Lieve, con colaboracións de Daniel Thorne ao saxofón e Sian O’Gorman (NYX) e Simmy Singh ás vocais. O álbum é froito dunha residencia no Bidston Observatory, durante a cal, utilizando a súas acústicas, o artista é capaz de crear unha melancolía e nostalxia únicas que levan aos nosos oídos sons que coñecíamos, pero tiñamos esquecido.

A presentación de Lieve en directo leva da man unha posta en escena obra do artista visual portugués residente en Berlín, Pedro Maia, quen centra o seu traballo na interacción das imaxes en tempo real co son. O artista visual colaborou en proxectos de artistas como Patti Smith, Charlotte Gainsbourg ou Lucrecia Dalt; en directo con artistas como Vessel, Shackleton, Jacaszek ou Lee Ranaldo; e a súa obra foi presentada e exhibida en institucións, festivais e galerías de renome como o Barbican Center, o Museo de Arte Contemporánea de Tokio, o MACBA de Barcelona ou el CA2M, entre moitos outros.

Holy Other Instagram
Pedro Maia Website Instagram

Outros artistas