Driftmachine

Driftmachine é un grupo de sintetizadores modulares formado en Berlín por Andreas Gerth (Ogonjok, Tied & Tickled Trio) e Florian Zimmer (Fred is Dead, iso68, Jersey, Lali Puna), dúas prolíficas caras da música alemana que se xuntaron neste grupo de ambient, pero onde tamén tocan outros estilos coma o techno ou o post-industrial. En 2014 lanzaron o seu primeiro álbum xuntos, Nocturnes.

O seu directo componse de dous sistemas modulares, que funcionan en sincronía. Soan obsesivos. Directos. Simétricos. Crean un profundo e elegante son multicapa baseado nos fundamentos da síntese modular, pero sempre sendo capaces de sorprender.

En marzo deste 2021 lanzaron o seu quinto longo, Spume & Recollection, onde a agrupación é capaz de manterse fiel ao seu estilo, pero innovando, con cálidos e melosos ritmos, e sendo capaces de crear excelentes composición.

Scroll up