Death Whistle

ES

Death Whistle é o proxecto musical do deseñador sonoro e explorador audiovisual galego Víctor García, cuxos pasos foron mutando ao longo dos anos, creando música para videoxogos e obras cinematográficas, entre as que destacan as películas gañadoras nos premios Goya Decorado e Psiconautas, os nenos esquecidos.

Agora estrea Alter, o seu primeiro álbum, con selo barcelonés Hedonic Reversal. Este traballo implica unha viaxe inmersiva que logra transportar ao oínte a paisaxes sonoras concretas que van desde o luminoso ao máis escuro. Unha experiencia onde o tempo e o espazo se confunden entre texturas e ambientes que constitúen a súa narrativa.

Outros artistas