Coby Sey

UK

Coby Sey é un músico, dj e produtor do suroeste de Londres. É cofundador do colectivo CURL xunto con Mica Levi e Brother May, e colaborador frecuente de Tirzah. En WOS presentará o seu primeiro álbum en solitario Conduit, que publica co selo londinense AD93 un día antes do seu directo no festival.

Neste traballo rescata unha idea moi presente na súa música: recoller elementos da súa contorna, tanto a nivel local como externos, e sublimalos ata conseguir algo novo que contribúa a esa liñaxe musical. Nas súas actuacións en directo, Coby Sey aposta pola instrumentación en vivo, o que lle fai conseguir unha enerxía única e memorable.

 

Outros artistas