Caterina Barbieri

(IT)

Live A/V
Live A/V

Caterina Barbieri é unha música, compositora e produtora italiana cuxa proxección a converteu nunha das referentes más representativas do post-minimalismo actual. É capaz de crear auténticas catedrais sonoras mediante a súa característica repetición e permutación de patróns, buscando chegar a niveis de percepción anteriormente descoñecidos. Ao longo da súa carreira colaborou con artistas como Kali Malone, Bendik Giske, Maria W Horn ou Lyra Pramuk, entre outras.

En 2021 fundou light-years, o seu propio selo discográfico co que, segundo as súas palabras, busca “crear un campo gravitacional para a súa propia órbita creativa”. Dentro deste novo selo, a italiana acaba de publicar Spirit Exit (xullo de 2022), un álbum co que continúa avanzando nas súas ideas, tanto temáticas como estilísticas, con pensamentos e conceptos da música sacra, o misticismo feminino, a cibercultura ou o poshumanismo, entre outras, e que se ven reflectidas tamén nos seu espectáculo en directo.

Outros artistas