Carmen Villain

NO/MX

Carmen Villain é unha artista e produtora noruego-mexicana cun estilo único cualificable como íntimo, emocional e elegante. Na súa música conflúen elementos ambient e new age, cun corazón de art pop que foi mutando a medida que se desenvolvía a carreira da artista.

O punto de inflexión no seu traballo foi o seu terceiro álbum, Both Lines Will Be Blue (Smalltown Supersound, 2019), onde a artista asumiría o risco de dar á súa carreira, máis ligada ao art pop, un xiro de 180 graos, abrazando sons ambient e dub para o seu primeiro álbum completamente instrumental. Carmen Villain culminaría este xiro co seu novo álbum, Only Love From Now On (Smalltown Supersound, 2022), que funciona ao mesmo tempo como unha deconstrución musical e espiritual do ecosistema da artista.

Outros artistas