Blackhaine

(UK)

Live
Live

Cunha longa historia industrial, e afectado gravemente pola depresión económica de 2008, o condado de Gran Manchester é unha das rexións de Reino Unido máis importantes. E é necesario falar disto porque a situación social do condado no que lle tocou vivir é, de maneira inequívoca, definitoria do estilo musical de Blackhaine. Nas súas obras, concretando este sentimento desde o seu debut Armour ata a súa continuación publicada este ano, Armour II (con colaboracións de Rainy Miller, Iceboy Violet e Blood Orange), reflíctese esa cara escura, triste e sentida derivada desta situación social. Créase unha conexión entre realidade e sensación ineludible, onde a introspección musical nace sempre como consecuencia daquilo que rodeou ao artista desde que naceu, abrazando sentimentos e vivezas.

A cabalo entre trip-hop, ambient, industrial ou drill, a música de Blackhaine toma tons agresivos, vulnerables, honestos ou nihilistas dependendo da situación. As súas letras dan un sentido de plenitude aos temas, enxalzando aínda máis estas emocións. Blackhaine non só é músico, senón tamén coreógrafo, tendo traballado para recoñecidos nomes como Mykki Blanco, Flohio, Vegyn, ou Kanye West, para quen creou as coreografías que acompañaron ás listening party dos seus dous últimos álbums, DONDA e DONDA 2. En directo, esta disciplina da que é mestre e da cal fai gala, permite á súa música ir un paso máis alá.

Outros artistas