BFlecha é o nome artístico da produtora, compositora e cantante Belén Vidal. A viguesa leva máis dunha década conxugando a vangarda sonora e o instinto pop. Pioneira na música electrónica española dende a publicación do seu primeiro disco, βeta (2013), non parou nunca de explorar novos sons. Unha evolución que se fixo visible en Kwalia (2017) e que chegou ao seu punto álxido con ExNovo, publicado o pasado abril.

O traballo é unha investigación entre a persoa física e virtual construída a partires da ensamblaxe de instrumentos orgánicos e texturas dixitais. Belén é tamén unha das cabezas de Arkestra Records, discográfica coa que edita os seus traballos, xunto ao seu co-produtor Mwëslee.

Scroll up