Azu Tiwaline

TN

A produtora tunesina afincada en Francia Azu Tiwaline une música bereber con cultura dub, trance e techno. Desde a publicación do seu primeiro álbum, Draw me Silence (2020, IOT Records), gañouse un bo lugar no campo da vangarda electrónica entre crítica especializada e público.

Este ano publicou os EPs Alandazu (Livity Sound, 2022) en colaboración con Alan Wootton, e Vesta (IOT Records, 2022), onde a súa música segue camiñando entre a sensorialidade, a exploración da identidade e os instrumentos e escalas tradicionais procedentes do norte de África, dándolle un especial protagonismo á percusión.

Outros artistas