aya feat. Sweatmother

UK

Anteriormente coñecida como LOFT, aya é unha artista e produtora inglesa residente en Manchester que ao longo da súa carreira figurou en publicacións de discográficas da talla de Hyperdub, Local Action, 2BReal, Tri Angle Records, Astral Plane ou Wisdom Teeth. Con Hyperdub publicaría en 2021 o seu álbum debut, im hole, unha obra profunda, chea de sarcasmo e emoción, onde deconstrúe e xoga con todos os elementos que forman o álbum, a súa voz incluída. Polo camiño, tecerá un discurso que lanza importantes preguntas sobre xéneros e identidades, pero permitíndonos encontrar no propio traballo as respostas.

O Lunchmeat Festival de 2021 conectou a aya con Sweatmother, artista e cineasta residente en Londres. Xunto a aya crearían unha obra audiovisual que, mediante técnicas experimentais e en colaboración con actores non profesionais, establece un relato de comunidades e subculturas e de xéneros, voces e corpos non recoñecidos, celebrando diferencias e eliminando deshumanizacións.

Aya Website Instagram
Sweatmother Website Instagram

Outros artistas