3.0 Zoom in: Artistas 3.0

A chamada “economía creativa” está á orde do día e a sensación de autosuficiencia está cada vez más arraigada nos creadores da actualidade. Pero existen preguntas transversais e aínda sen resposta ante a chegada da web 3.0: Como de presente estará a creatividade no próximo Internet dos bens? Todo creador poderá capitalizar a súa actividade e subsistir unicamente a partir das súas creacións? Que posibilidades aportan as DAO e/ou as DO? Como inflúen os NFT no posible futuro dos artistas? A crecente inmersión nos metaversos e o gaming teñen que ver coa nosa fusión entre realidades sintéticas?

En definitiva: como será o artista que vén, o artista 3.0? Nesta charla aberta enfocaremos sobre proxectos como HumanIPO, Bluebox ou o concepto de “nacións dixitais” a través dos tokens de gobernanza. Participarán B-Flecha, unha das sensacións da electrónica galega actual; o DJ e manager musical Arnau Sabaté e a artista drag Gad Yola.

Participan: Arnau Sabaté, Gad Yola e B-Flecha
Moderan: Cora Novoa y Frankie Pizá

Scroll up