Aquarian presents ‘Ouroboros’ (visuals by Sougwen)

CA

Aquarian fai unha música frontal que logra un equilibrio perfecto entre a experimentación e estar pensada para ser bailada. O artista, nado en Canadá e residente en Berlín, combina referencias dos dous lados do Atlántico. O seu son é unha fusión tan agresiva como emotiva dos estilos de club de finais dos anos 90 e principios do século vinteún, aderezados cunha produción rotunda.

Este ano publicou dous EP (Mutations I Death, Taxes & Hanger e Mutations II: Delicious Intent) nas UFO Series do selo Dekmantel, vinculado ao festival neerlandés homónimo e que dan continuidade ao seu primeiro álbum en solitario The Snake That Eats Itself (2020, Bedouin Records). En WOS Festival estreará en España o espectáculo audiovisual Ouroboros que conta coa colaboración da artista china Sougwen Chung.

Outros artistas