Alicia Carrera

[dj]

ES

Nada en Galicia e afincada en Berlín, Alicia Carrera é dj, fotógrafa, deseñadora gráfica e fundadora de LíO Press, comezando o seu percorrido underground entre fanzines, tendas de discos e o coleccionismo. É unha das mentes máis inquedas da creación da actualidade e un exemplo de retroalimentación positiva.

Como DJ, cómpre destacar o seu paso por espazos referenciais como a Boiler Room de Madrid ou o Sónar de Barcelona, así como a súa residencia en Sameheads en Berlín. As súas sesións son únicas, cheas de pistas preparadas para crear sensacións acordes co espazo e o momento, índose a músicas dos 60-80s, a psicodelia, o post-punk, o kraut ou o leftfield, inspirada en parte pola escena de Valencia e o techno, aumentando no seu camiño os beats por minuto e aportando un gusto singular polas melodías e sentíndose coma na casa nas cabinas de clubs e open airs.

Outros artistas