Aho Ssan & KMRU present ‘LIMEN’

FR/KE

No 2020, o artista multidisciplinar keniata KMRU e o alquimista sonoro francés Aho Ssan foron convidados por Berlin Atonal para colaborar nun novo proxecto para a súa edición Metabolic Rift. Desa colaboración xurdiu o tema ‘Resurgence’, onde os dispares estilos de ambos artistas se encontraban e mesturaban á perfección. E malia que non era a primeira vez que os artistas colaboraban xuntos, nesta ocasión os sentimentos e as conexións foron diferentes, desembocando na creación Limen.

Limen ten esa quietude que KMRU amosou nas súas obras Peel (Mego) e Jar (Seil), lanzadas en 2020. Pero tamén ese caos que caracterizaba o Simulacrum (Subtext) de Aho Ssan, lanzado o mesmo ano. Dous anos despois, os autores de tres dos álbums máis importantes da electrónica actual xúntanse para presentar unha obra de dualidades e extremos, de creación e destrución, onde ambos dan gala de todos os seus recursos para conseguir un resultado intenso, potente e emocional.

Outros artistas