A Symphony of Noise. Matthew Herbert’s Revolution

Enrique Sánchez Lansch | 2021 | 96 min | Alemaña

A Symphony of Noise. Matthew Herbert’s Revolution é unha viaxe sensorial dun cariz experimental cara a mente do británico Matthew Herbert, artista fundamental na evolución da linguaxe musical da electrónica durante as últimas décadas. Durante case dez anos, o director hispano-alemán Enrique Sánchez Lanch acompañou ao músico británico para captar os seus procesos creativos e explicar o importante subtexto político da súa obra. Este documental, galardoado nos Premios do Cinema Alemán e presente en festivais como a Seminci de Valladolid ou CPX:DOX, é un percorrido pola obra de Herbert non exento de humor. Un retrato tan completo como particular dunha das grandes figuras contemporáneas da música electrónica.

Outros artistas