Conta atrás para WOS Festival x SON Estrella Galicia: Lite Edition, que terá lugar do 10 ao 12 de setembro en diferentes espazos de Santiago de Compostela

Comeza a conta atrás para a V edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia que se celebrará entre os días 10 e 12 de setembro en diferentes localizacións da cidade de Santiago de Compostela. Baixo a etiqueta Lite Edition, o festival presenta unha edición en formato reducido, pero sen perder a súa maxia e esencia, incluíndo sorpresas como a do seu primeiro escenario nunha cortorna natural.

A principal bandeira do festival é a de ser un encontro para as músicas e artes de vangarda en todas as súas vertentes. Nesta Lite Edition, a programación musical presenta un amplo abano de proxectos ambient e minimalistas; proxectos ideais para a escoita e a experiencia nun formato máis íntimo e sentado. 

A listaxe de conciertos especiais e estreas xa anunciados como o das estadounidenses Eartheater, quen presentará no marco do festival e por primeira vez en Europa os seus dous últimos álbumes publicados, ou Elori Saxl que tamén presentará en España o seu aclamado primeiro disco The Blue of Distance. Tamén a presentación no noso país do concerto audiovisual Aralkum da artista de Kazajistán Galya Bisengalieva, no Teatro Principal, e Blink a Few Times To Clear Your Eyes da neerlandesa-italiana afincada en Berlín Grand River, cuxa proposta se poderá ver no marco incomparable da Igrexa da Universidade, lugar onde tamén se poderá presenciar o concerto que dará o músico e produtor kenyano  KMRU. Xunto co concerto que o francés Jonathan Fitoussi ofrecerá no Teatro Principal, conforman unha selección con algúns dos novos talentos da creación contemporánea.

A programación musical troncal contará tamén coa presenza de artistas veteráns como o agardado concerto do pianista ucraíno Lubomyr Melnyk, quen aos seus 72 años regresa por fin a España para participar no festival, e o experimentado dúo de sintetizadores modulares Driftmachine, última incorporación ao programa e quen darán un concierto no Túnel da Cidade da Cultura.

Debate e pensamiento ante un futuro revolucionario

Durante os últimos cinco anos, as WOS Talks foron un dos eixos vertebradores do festival. Son un espazo creado para o debate, a reflexión e o pensamento crítico dos diferentes axentes da industria da música e cultura sobre como o presente afectará ao futuro e/ou o impacto social que este terá en materia de tecnoloxía aplicada á arte.

Neste intre, son moitas as revolucións que están a ter  lugar no mundo. O internet dos bens, a Web 3.0, promete autonomía e descentralización. Ante isto, debemos averiguar que é utópico e que e real. En 3.0: Zoom in búscase, dende diferentes puntos de vista, saber que vai pasar coa cultura e a súa distribución, pero tamén observar as súas dimensións eminentemente globais. Esta sección está composta de tres simposios enlazados como se dun continuum se tratara.

Artistas 3.0 centrarase en como a chegada da Web 3.0 afectará directamente aos creadores e en que medida estará presente a creatividade no Internet dos bienes. En definitiva, intentar retratar ao artista do futuro, identificar os retos que terá que afrontar e que elementos o caracterizarán. Participarán BFlecha, unha das sensacións da electrónica galega actual; o Dj e booker Arnau Sabaté e a artista drag Gad Yola.

O segundo panel, Cultura 3.0, intenta observar máis aló do individuo para fixarse no que produce e consume. O invitados analizarán cómo o Blockchain introduce unha variante nova ata agora descoñecida: a escaseza. Isto leva irremediablemente á exclusividade, o que terá consecuencias irreversibles na transmisión cultural. Participarán o artista plástico vigués Nano 4814, o experto en lexislación Alex Trías e Micaela Ruiz, cofundadora de DoinGud, un ecosistema de NFTs que conecta a creadores con impacto social.

Para pechar a programación, Metaversos 3.0 explorará os escenarios futuros de convivencia dixital. Moitas das novas tecnoloxías que están a transformar o mundo atentan contra o planeta e onde os cambios de pensamento que promoven parecen vislumbrar un futuro líquido onde elementos de moita importancia na actualidade, perderán valor. A investigadora Gema FB Martin, o colectivo Ontologías Feministas e o artista multimedia Xeito Fole intentarán afondar nas complicacións éticas, sociais medioambientais, así como nas utopías que presenta a web 3.0.

Este evento será a inauguración desta V edición do festival. O viernes 10 dende as 16:00 celebrarase presencialmente na Cidade da Cultura, aínda que tamén se poderá seguir por streaming na canle de Youtube do festival ou visualizar posteriormente baixo demanda. Todos os paneis serán moderados por Cora Novoa e Frankie Pizá. As entradas son de balde e xa se poden obter a través da páxina web do festival (wosfestival.es) ou da Cidade da Cultura (cidadedacultura.gal).

A importancia da ecoloxía urbana

Este ano o festival engade un conxunto de actividades de balde que terán lugar en entornos naturales de alto valor patrimonial. Esta liña de programación leva por nombre WOS Goes Greene pretende poñer o foco sobre o concepto de cohabitación e xerar reflexión sobre a importancia da ecoloxía urbana.

En colaboración col Museo de Historia Natural, esta nova área de programación incluirá un paseo bioacústico polo Río Sarela, coa participación de Cristina Fuentes, bióloga especializada en educación ambiental e patrimonio, e Carlos Suárez, artista sonoro, etnomusicólogo, deseñador de instrumentos e compositor de paisaxes sonoras.

Tamén, nese intento de reflexión sobre a busca de cidades sostibles que permitan mellorar a vida dos seus residentes e a biodiversidade, o festival quere poñer en valor a escena de clube, que leva un ano e medio parada debido á situación provocada pola pandemia. Para elo, incorpora á programación dj sets de BFlecha, Toccororo, Fatfish e Arnau Sabaté. Estes sets terán lugar en zonas exteriores da Cidade da Cultura e o Parque de Bonaval, serán de balde e abertos ao público da cidade, transcorrendo en paralelo á programación habitual do festival.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Scroll up