ENTRADA

  1. Conforme ao disposto na organización vixente, a natureza xurídica da entrada é a de título valor.
  2. Unha vez adquirida unha entrada, esta non será cambiada nin se devolverá o seu importe, alén dos casos de cancelación ou cambio de data do festival.
  3. As entradas só poderán ser adquiridas en puntos de venta autorizados pola organización do Festival, non facéndose responsable das entradas que non se adquiriran nos puntos de venta oficiais. Nesta edición, os puntos de venta online son ATAQUILLA (https://ataquilla.com) e NUMAX (https://numax.org/). En ambos casos, aparte das condicións expresadas aquí, deben respectarse as normas de ditas plataformas.
    1. Existen diferentes tipos de entradas para o Festival na plataforma de Ataquilla: I. Entrada 10.09.21, que outorga dereito a entrar aos conciertos celebrados o venres 10 de setembro; II. Entrada 11.09.21, que outorga dereito a entrar aos conciertos celebrados o sábado 11 de setembro; III. Entrada 12.09.21, que outorga dereito a entrar aos conciertos celebrados o domingo 12 de setembro; IV. Abono Weekend, que outorga dereito a entrar aos concertos celebrados do 10 al 12 de setembro; V. Invitación 3.0: Zoom In, que outorga dereito a entrar aos coloquios celebrados na Cidade da Cultura.
  4. A organización poderá negar o acceso aos recintos do festival ao portador da entrada no caso de detectar anomalías. No caso de detectar algún uso fraudulento das ferramentas de impresión, estas serán perseguidas conforme á lexislación vixente, incluíndo responsabilidades penais. A admisión queda supeditada a dispoñer da entrada completa, en condicións adecuadas.
  5. O cambio de entrada por pulseira só se realizará nos puntos oficiais de intercambio habilitados pola organización. Nesta edición, o punto de intercambio corresponde ao Teatro Principal de Santiago de Compostela. Estando habilitado tamén un punto de intercambio de pulseira o venres no Xardín Literario da Cidade da Cultura.

SUSPENSIÓN, CANCELACIÓN OU ANULACIÓN DO ACTO

  1. A Organización, como entidade encargada da celebración do festival, poderá alterar o seu programa ou modificalo cando iso fose necesario para a súa correcta celebración. As condicións para isto serán sempre conforme ás seguintes condicións xerais e interpretadas sempre conforme á lexislación vixente. A Organización realizará todos os seus esforzos para axustar os horarios e levar a cabo o programa anunciado para o Festival.
  2. No caso dunha cancelación completa, a Organización centrará os seus esforzos en establecer unhas novas datas para a celebración do evento.
  3. No caso de que proceda a devolución do importe das entradas, esta realizaríase mediante os medios oficiais polos que foi adquirida.
  4. A cancelación total ou parcial por causas de forza maior e/ou alleas ao festival non dará lugar á devolución do importe da entrada.

DEREITO DE ADMISIÓN

  1. O dereito de admisión utilizarase, por parte da Organización, como instrumento para impedir a violencia e as alteracións do normal desenvolvemento do festival, así como para impedir calquera outra situación que supoña un perigo real e grave para os asistentes do evento.
  2. En todo caso, o dereito de admisión seguirá as limitacións de aforo impostas polas autoridades no momento de celebración do festival debido á situación pandémica.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

  1. As fotos a artistas, músicos e invitados só están permitidas para un uso privado e persoal, e non poden utilizarse con ánimo de lucro. Queda terminantemente prohibida a captación, filmación ou gravación de imaxes e sons con calquera fin lucroso sen a expresa e previa autorización escrita da Organización.
  2. O público asistente a este festival consinte a súa aparición en imaxes tomadas por calesqueira medios para a súa posterior difusión promocional e/ou comercial.

RESERVA LEGAL

  1. A Organización poderá tomar as medidas legais, tanto civís como penais, que considere oportunas contra os causantes de calquera intento de estafa, invasión, ou dano de calesqueira outras índoles contra a Organización, de maneira directa ou indirecta.

RESPECTO E PRESERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE E AS INSTALACIÓNS

  1. Por favor, esíxese respecto ante o medio ambiente e as instalacións nas que se celebre o festival, instando aos asistentes a utilizar todo tipo de contenedores de lixo que se faciliten para isto. Queda terminantemente prohibido o dano, o uso inapropiado e a alteración das instalacións nas que se celebra o evento, de maneira consciente ou inconsciente.

POLÍTICA DE MENORES

  1. Os menores que teñan 15 anos poden acceder ao festival pagando a entrada correspondente e deberán ir acompañados polos seus pais ou un titor legal. Os menores entre 16 e 18 anos que pagaran a súa entrada poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que os adultos sen necesidade de ir acompañados. Con todo, algúns espacios do festival poderían ter a súa propia política de menores.
  2. Durante a estancia no recinto, os pais ou titores legais serán responsables de calquera acción que o menor realice. Para que isto sexa posible é preciso presentar á entrada do recinto a seguinte documentación: DNI, libro de familia, pasaporte de ambos ou documento legal que acredite a relación paterno filial ou de responsabilidade sobre o menor. O pai ou titor legal deberá firmar un documento de descargo polo que se fai responsable do menor mentres este estea no interior do recinto. En todo momento, tanto os pais coma os titores legais coma o menor deberán levar o seu DNI ou pasaporte por se fose requerido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. Tanto a autorización de asistencia coma o documento de descargo poderán recollerse e cumprimentarse á entrada do recinto ou solicitarse previamente escribindo un correo electrónico a festival@workonsunday.es.
  3. A Organización informa que a lexislación vixente prohíbe expresamente a venta de alcol a menores de 18 anos, e para elo o menor deberá levar en todo momento o seu DNI.
  4. A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito a reembolso algún do precio aboado pola entrada do menor.
Scroll up