Sisters with Transistors

Mulleres como Clara Rockmore, Daphne Oram, Bebe Barron, Delia Derbyshire, Maryanne Amacher ou Laurie Spiegel son fundamentais para entender o mundo musical na actualidade, aínda que pouca xente escoitara falar delas.

Sisters with Transistors é un documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Historias descoñecidas que destapa a directora británica Lisa Rovner e que explican como producimos e consumimos música hoxe en día. Dende o Auto-Tune ata as ilimitadas posibilidades que ofrecen os sintetizadores teñen a súa orixe no que conta o filme.

Ademais, o documental está narrado por Laurie Anderson, pioneira do arte perfomativo. Lisa Rovner explica que a película é “a historia de como oímos e o papel fundamental, pero pouco coñecido, que desempeñaron as mulleres neste campo”, polo que tivo que romper ese silencio. O filme terá un segundo pase no festival Curtocircuíto 2021.

Lisa Rovner

Lisa Rovner é unha artista e cineasta afincada en Londres. Todos os seus proxectos, que van dende curtametraxes ata videoclips, anuncios e exposicións de arte, están unidos pola súa fascinación polos arquivos, o son e a súa aspiración subxacente de transformar a política e a filosofía en cine. Rovner colaborou con algúns dos artistas e marcas máis respectadas, como Pierre Huyge, Liam Gillick, Sebastien Tellier, Maison Martin Margiela e Acne. Sisters with Transistors é a súa primeira longametraxe documental.

Dirección: Lisa Rovner
Guión: Lisa Rovner
Edición: Michael Aaglund, Kara Blake, Mariko Monpetit
Sonido: Marta Salogni
Produción: Anna Lena Vaney

Scroll up