Nacido en Kenia e actualmente afincado en Berlín, KMRU é un artista sonoro e produtor cuxos métodos inclúen a gravación de campo, o traballo co ruído, os drons, a improvisación, a arte radiofónica e a aprendizaxe automática.

Nos últimos anos, recibiu unha boa acollida por parte da crítica especializada. No 2020 KMRU publicou tres discos con Editions Mego, ademais de música autoeditada. Neste 2021 sacou á luz con Injazero Logue, un traballo co que se reafirma como un dos artistas máis destacables e innovadores do ambient a nivel mundial. Intercala as súas composicións con gravacións de campo en África.

Ademais do seu traballo como músico, tamén destaca o seu labor como activista. KMRU é un dos membros principais de Black Bandcamp, un movementos que busca fomentar o apoio cara artistas negros.

Scroll up