Grand River

Grand River é o nome artístico da compositora e deseñadora de son neerlandesa-italiana Aimée Portioli. A súa música infíltrase no experimental cunha inclinación cinematográfica, colocando unha lente atmosférica sobre complexas estruturas rítmicas.

No 2020, Grand River o seu segundo álbum, Blink a Few Times To Clear Your Eyes, un disco no que combina instrumentos acústicos con sintetizadores para formar un todo orgánico. O título do traballo fai referencia ao desexo de explorar e ver o que nos rodea dende diferentes perspectivas.

Algo común en toda a súa música é a integración dunha gran variedade de estruturas sonoras e cálculos sinfónicos, moi influenciada polo minimalismo. Combina a composición tradicional coa investigación sonora contemporánea.

Scroll up