Galya Bisengalieva

A música de Galya Bisengalieva é escura e atmosférica. A compositora e violinista kazajo-británica mestura música ambient, folclórica, clásica e electrónica cun resultado único que transmite sentimentos moi fortes. Aposta por un directo rotundo apoiándose nunha escenografía moi destacable. No 2020, publicou o seu primeiro disco, Aralkum.

Aralkum é o nome que recibe a superficie seca do Mar de Aral, que practicamente desapareceu nas últimas décadas por mor da acción humana. Este desastre ecolóxico causou condicións de vida para a poboación peores que as do mesmo deserto.

Galya Bisengalieva é unha artista recoñecida internacionalmente. Actou en lugares como a Filharmónica de París ou o Royal Festival Hall de Londres. Ademais, colaborou con músicos tan relevantes como Laurie Spiegel, Hildur Guinadottir ou Thom Yorke.

Scroll up