Uns 30 anos tras os pratos avalan a Fatfish como veterano DJ, promotor e coleccionista de vinilos coruñés. Tras traballar durante unha década na mítica tenda de discos madrileña Discorder, no 2005 comeza realizar sesións en todo tipo de pubs e discotecas. Tamén en festivais como o Sónar, Photónica, Festimad, Observatori, 981 Heritage ou Move, entre tantos outros.

É promotor, curator e difusor de diferentes estilos de música de todos os tempos e lugares. A súa especialidade son as vangardas dos séculos XX e XXI. Actualmente está dirixindo Modulartec, o encontro de síntese modular da Coruña.

Scroll up