Elori Saxl

A estadounidense Elori Saxl publicou o seu primeiro disco, The Blue of Distance, neste 2021. Nel crea un xogo hipnótico entre un brillante conxunto de música de cámara e sintetizadores analóxicos. O traballo constitúe unha investigación sobre a relación entre os sentimentos e o cambio estacional.

A primeira parte de The Blue of Distance foi elaborada durante o verán nun entono tranquilo e cheo de natureza. A segunda, durante o inverno nunha illa xeada no medio do Lago Superior. O resultado é un disco cunha narrativa e evolución moi potentes.

Elori Saxl está interesada en como a tecnoloxía intervén na conexión entre os seres humanos e a natureza. Ademais de polo seu traballo muscial, tamén destaca pola súa faceta como cineasta, pola que foi finalista en dúas ocasións aos premios Emmy entre outras distincións.

+María José Pámpano

María José Pámpano ten unha extensa carreira artística marcada pola súa versatilidade como intérprete e pola súa continua procura de novos estímulos de son. Actualmente forma parte da Orquestra Galega de Liberación e dirixe o grupo Concerto das Donas, especializado en recuperar a música das mulleres compositoras dos séculos XVII e XVIII.

+Margarida Mariño

Margarida Mariño é unha violinista e compositora nada en Vigo, que formou parte de orquestras de nivel internacional como a Orquestra Réssonance en Suiza ou La Via dei Concerti de Italia. O seu afán pola exploración dos límites no son e estéticos levárona a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común. En 2020 presentou Cello&Electronics, onde fusionou o violoncello clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica.

Scroll up