Eartheater

Nos seus máis de 10 anos de carreira, a Eartheater deulle tempo a facer moitas cousas ata ser unha das figuras máis destacadas da escena pop underground estadounidense. Tamén para pasar unhas semanas nunha residencia musical en Zaragoza da que saiu o seu cuarto disco Phoenix: Flames Are Dew Upon My Skin, que se completa co recente Phoenix: La Petite Mort.

Neste proxecto, a voz de Eartheater forma paisaxe etéreas nun ambiente onde se mestura música de vangarda con elementos acústicos que comparten espazo con texturas electrónicas. Un todo único que, como é habitual, a artista traslada a un directo tan emotivo como potente.

O fénix é un símbolo de renacemente despois de etapas complicadas ou contextos convulsos. A segunda parte do proxecto La Petite Mort, é unha reinterpretación máis onírica e climática do anterior dándolle unha nova vida cun xeito de observar diferente.

Scroll up