Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes

Estamos diante dun retrato da pioneira da música electrónica Delia Derbyshire a través da observación, pero tamén da imaxinación, porque se parte da idea de que ningunha perspectiva única sería suficiente para obter unha verdadeira comprensión da súa figura.

Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes é un documental que explora a vida e a produción creativa de Delia Derbyshire. Parte do achado dunha colección de obras da artista tras a súa morte e unha serie de documentos persoais que desvelan detalles da súa infancia, as súas pinturas e a súa loita contra o alcolismo. A contribución de Derbyshire foi minimizada por atoparse nun contexto moi masculinazado.

A película utiliza marterial de arquivo, entrevistas cos seus colaboradores e recreacións dramáticas para contruír un biopic que transcende o seu xénero para transformarse nunha longametraxe lírica que rende homenaxe a esta relevante artista e onde o son ten unha importancia capital. Caroline Catz, que tamén interpreta a propia Delia Derbyshire, explora a súa figura e reivindica a esta muller á que tanto lle debe a música actual. Esta é a primeira vez que se poderá ver en España.

Caroline Catz

Caroline Catz é unha actriz, guionista e directora británica con trinta anos de experiencia diante das cámaras. Destacou especialmente pola súa interpretración en series de televisión como All Quiet on the Preston Front, The Bill, Murder in Suburbia ouDoc Martin. O documental Delia Derbyshre: The myths and the Legendary Tapes é a súa primeira longametraxe na súa faceta como directora.

Dirección: Caroline Catz
Guión: Caroline Catz
Edición: Luke Thompson
Música: Cosey Fanni Tutti, Delia Derbyshire
Produción: Andy Starke

Novas relacionadas

No posts were found for provided query parameters.

Scroll up